A pianista Marianna Prjevalskaya será a encargada de abrir, este luns ás 20.30 horas, a tempada da Sociedad Filarmónica de Pontevedra. Será cun concerto que se celebrará no Teatro Principal. Está considerada como unha das pianistas españolas máis interesantes da súa xeración.
Gañadora do primeiro premio e medalla de ouro no 53 Concurso Internacional de Piano Premio Xaén, Marianna Prjevalskaya foi en 2013 a primeira clasificada no Panamá Piano Competition. Ademais foi laureada en numerosos concursos internacionais.
En abril de 2013 participou na tempada da Orquestra Sinfónica de Galicia, interpretando o concerto n.º 3 de Tchaikowski no Pazo da ÿpera da Coruña e no Teatro García Barbón de Vigo con grande éxito.
En 2012 gravou para o selo Naxos un disco con obras de Scarlatti, Haydn, Schumann e Zárate.
En Pontevedra, a pianista ofrecerá o programa seguinte: Sonata para piano n.º 13 en Mi bemol maior, op. 27 n.º 1 ("Quasi una fantasía), de Beethoven; Catro Preludios para piano (Libro I), de Debussy; e Sonata para piano n.º 20 en La maior, D 959, de Schubert.