Matria estará nos Premios Feroz. Farao grazas á protagonista, María Vázquez, que é unha das cinco actrices candidatas na categoría de mellor actriz protagonista dunha película.
Vázquez comparte candidatura con Malena Alterio por Que nadie duerma, Laia Costa por Un amor, Kiti Mánver por Mamacruz y Carolina Yuste por Saben aquell.
En Matria, película dirixida por Álvaro Gago e producida pola compañía pontevedresa Matriuska Producciones, a actriz encarna a Ramona, unha muller de corenta anos, que vive sumida nun contexto laboral e persoal tenso e precario nun pobo da costa galega.
Fai malabarismos con múltiples traballos para manterse á boia e proporcionar un futuro mellor á súa filla Estrella. Pero cando a moza está preparada para tomar o seu propio camiño, Ramona dáse conta de que, por primeira vez, pode facer algo por si mesma.
Os Premios Feroz 2024, que organiza cada ano a Asociación de Informadores Cinematográficos de España (AICE), entregaranse en Madrid o venres 26 de xaneiro.
A lista de nomeados en todas as categorías pódese consultar nesta ligazón.