María Campos e Carlos Yus estrean o espectáculo musical '30 Anos cantando con Migallas'

Pontevedra
10 de marzo 2022

Será este domingo 13 de marzo ás 12.30 horas no auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra, dentro da programación do Salón do Libro. A compañía teatral pontevedresa contará coa colaboración de músicos como Xaquín Xesteira e Anxo Xesteira, de Treixadura; Borja García e Isi Baúlo

Carlos Yus e María Campos
Carlos Yus e María Campos / Migallas Teatro

Este domingo 13 de marzo ás 12.30 horas, o auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá a estrea do espectáculo musical '30 Anos cantando con Migallas' da coñecida compañía teatral pontevedresa. Esta actuación englóbase dentro da programación do Salón do Libro Infantil e  Xuvenil.

Migallas Teatro celebra con este montaxe trinta anos de cancións de música infantil en galego. A proposta consistirá nun concerto para público familiar con temas variados e divertidos. A Banda Migallas estará acompañada por músicos recoñecidos e con ampla traxectoria dentro do panorama musical galego como Xaquín Xesteira e Anxo Xesteira, de Treixadura; Borja García e Isi Baúlo. Serán os  instrumentistas que acompañarán a María Campos e Carlos Yus durante as actuacións.

Interpretaranse durante o recital versións dos discos 'Canta connosco!'' e 'Pan de millo', con temas coñecidos como 'O rap da lingua', 'O libro máxico' ou 'Miña Abuela Manuela', cancións que acompañaron a moitas nais e pais durante a súa infancia e que agora contan con apoio do novo público infantil.

As entradas atópanse xa á venda a través de www.ataquilla.com a un prezo de tres euros.

Arquivado en