Marcelo Dobode é profeta na súa terra

Pontevedra
18 de agosto 2022

O artista pontevedrés actuou este mércores no escenario de la Praza da Ferrería

Concerto de Marcelo Dobode
Concerto de Marcelo Dobode / Cristina Saiz

O músico Marcelo Dobode demostrou esta noite de mércores no escenario da Ferrería que se pode ser profeta na túa terra. O artista asentado na Boa Vila sacou a relucir todo o seu talento vocal nun espectáculo no que, ademais de gran compositor, demostrou ser tamén un amante de Galicia.

Os temas do seu disco Turoqua, a taberna romana a partir da que naceu Pontevedra, centraron a maior parte do seu recital ante un público incapaz de apartar a vista do palco da emblemática praza pontevedresa.

Unha das obras mestras do seu disco é a canción dedicada a Rosalía de Castro coa que trata de poñer en valor non só a figura da princial referencia da literatura galega, senón tamén promover o uso dunha lingua coa que sente representado por completo e así o reflicte en cada unha das súas intervencións públicas. "

"Teño a experciencia de viaxar polo mundo e que a xente me pida que lle fale en galego. Daste conta de que é un privilexio", dixo sobre o uso do galego nunha entrevista promovida polo Concello de Pontevedra o pasado 25 de xullo na que estivo acompañado pola artista Cora Velasco. 

A programación musical na Ferrería tomarase un respiro este xoves para regresar o venres ás 21 horas co tributo a Joaquín Sabina da banda Conductores Suicidas.