Marceline, a curmá francesa de Orbil, chega a Pontevedra para acompañalo no Salón do Libro

Pontevedra
19 de marzo 2025

A primeira parada na cidade de Marceline Loup, afamada directora de cine, foi no CEIP Xunqueira 1, onde foi recibida por un nutrido grupo de escolares

Marceline, ataviada cunha boina, e Orbil visitan o CEIP Xunqueira 1
Marceline, ataviada cunha boina, e Orbil visitan o CEIP Xunqueira 1 / Mónica Patxot

Este venres 21 de marzo comeza o Salón do Libro de Pontevedra dedicado, nesta edición de 2025, á cultura e literatura francesas.

Para conmemorar esta temática, a mascota do evento, o lobo Orbil, conta cunha nova compañeira: Marceline Loup, que chegaba á cidade procedente do país galo.

Na mañá deste martes 18, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, xunto co concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez, presentaron oficialmente a Marceline Loup nunha visita aos escolares do CEIP A Xunqueira 1.

"Estamos encantados de recibir a Marceline, que veu para quedar e facer feliz á cativada que cada ano devece por saudar a Orbil", comentaba o rexedor.

Marceline é unha famosa directora de cine francesa, que adoita vestir cunha boina e, nesta ocasión, portaba unhas baguettes, o pan característico do seu país.

Marceline, ataviada cunha boina, e Orbil visitan o CEIP Xunqueira 1
Marceline, ataviada cunha boina, e Orbil visitan o CEIP Xunqueira 1Mónica Patxot

Fontes da organización do Salón do Libro adiantaron que vai sorprender aos asistentes coas súas indumentarias cambiantes, todas elas relacionadas coa súa profesión, que incluirán claquetas ou cámaras, entre otros elementos.

O Salón do Libro, que se inaugurará oficialmente o venres 21 de marzo no Pazo da Cultura de Pontevedra e se extenderá ata o 6 de abril, contará con diversas actividades e espectáculos.

O evento de apertura, titulado 'Luces, cámara, acción… que vén o Salón', terá lugar ás 18.30h e estará dirixido por Manuel Albariñas.

Este espectáculo inaugural contará coa participación de Orbil e Marceline e de varios artistas: Xingro’s Bing Band, o Coro do IES Xunqueira 1, V de Minúscula (Noela Hermida e Gabriel Bravo), Ares Caínzos, IES Illa de  Ons, ESDEMGA e Mara Iglesias.

O alcalde sinalou que a presenza de Marceline Loup abre a porta a futuras colaboracións e á posibilidade de que máis amizades de Orbil poidan unirse nas próximas edicións do Salón do Libro.

Durante a súa estancia en Pontevedra, Marceline e Orbil visitarán diversos centros escolares e espazos públicos da cidade. Este mércores 19 a cita é no parque de Campolongo e o xoves 20 deixaranse ver na Alameda e parque das Palmeiras.