Este venres 11 de setembro arrinca a 13 edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU) cun grande acto de inauguración no que se estrearán as obras elaboradas nos obradoiros cinematográficos ao longo do último curso, tanto os impartidos na sede do FICBUEU como os organizados no marco da Área Social, apoiada pola Obra Social La Caixa.
PROGRAMACIÓN VENRES 11 DE SETEMBRO
Ás 19.30 empezará a ambientación musical no exterior do Centro Social do Mar de Bueu, a sede do festival, a cargo da Street Band.
Ás 20 horas proxectaranse no auditorio do Centro Social do Mar as curtas 'Dart scape', realizada no Centro de Educación Especial de Panxón (Nigrán), e mais 'Marcos 2020' e 'Reencarnasión', creadas por xente nova e un grupo de persoas adultas, respectivamente. A entrada é de balde.
Ás 22 o coñecido actor vigués Manuel Manquiña pechará a xornada inaugural cun monólogo que repasará en clave de humor a experiencia do confinamento. O prezo da entrada é de 15 euros.
PROGRAMACIÓN SÁBADO 12 DE SETEMBRO
A xornada do sábado será a máis intensa, cunha sucesión de proxeccións e charlas que comezarán ás 11 horas no Punto de Encontro situado na sala multiusos do Centro Social do Mar co coloquio aberto ao público ‘Achegándonos, un café con AGAG’, organizado pola Asociación Galega de Guionistas.
En paralelo, tamén ás 11 horas, terá lugar o primeiro pase da Sección Infantil, para menores de dez anos, e ás 12.30 horas o da Sección Familiar, pensada a partir desta idade.Estas tres primeras actividades serán de balde, previa retirada de invitación no despacho de billetes.
Xa pola tarde, poderán verse a Sección España ás 16 horas e a primeira sesión da innovadora Sección Experimental, ás 18 horas, mentres que ás 20 e ás 22.15 horas se reeditará a Sección Galicia R. Entre estas dúas, ás 21.30 horas, o público terá a oportunidade de intercambiar impresións coas directoras e directores que concorren cos seus traballos nun coloquio con: Noemi Chantada, Rafa de los Arcos, Camila Kater, Dani Cornes e David Rodríguez Muñiz. Agás este coloquio, que será de balde, todas as proxeccións da tarde e noite terán unha entrada de 3 euros.
PROGRAMACIÓN DOMINGO 13 DE SETEMBRO
A xornada do domingo 13 arrincará ás 11 horas coa mesa redonda ‘Achegándonos: un café con Crea’, da man da Asociación de Profesionais da Dirección e Realización de Galicia, e mais coa segunda sesión das seccións Infantil e Familiar. Pola tarde haberá pases das seccións Galcia R, Experimental 2 e España, esta última por duplicado. As actividades da mañá serán de balde, previa retirada da invitación no despacho de billetes, e as proxeccións da tarde e noite terán un prezo de 3 euros.
PROGRAMACIÓN DO LUNS 14 AO VENRES 18 DE SETEMBRO
Durante a semana, as tardes terán unha estrutura semellante de luns a venres, xa que ás 16, ás 18, ás 20 e ás 22 horas se desenvolverán as proxeccións dos cinco bloques da Sección Internacional, no caso das seis da tarde invertindo a orde dos pases. Ademais, o martes 15 terá lugar ás 11 horas a presentación do primeiro dos Cadernos FICBUEU, titulado ‘A Nouvelle Vague a través das súas curtametraxes’. O mércores 16, ás 20 horas, o director Alfonso Zarauza desvelará as claves da súa última longametraxe na actividade ‘Ons: unha rodaxe na illa’, acompañado polo compositor Xavi Font e o actor Antonio Durán "Morris".
Os espectadores poderán asistir ás proxeccións da nova Sección Escolas Internacionais o venres 18 ás 11 horas, con entrada de balde.
PROGRAMACIÓN SÁBADO 19 DE SETEMBRO
Na mañá do sábado 19 o alumnado seguirá sendo protagonista na Gala Escolas Galegas e na proposta ‘Cinema e música con Buster Keaton’, dirixida a público familiar. O treito final do 13º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu dará comezo ás 18 horas coa Sección Comedia. Ás 19.30h horas celebrarase o Encontro con Melania Cruz, quen recibirá o Premio Cinema Galego do FICBUEU 2020, e a partir das 21 horas a música volverá a sonar na rúa, anunciando a Gala de Clausura que se iniciará media hora despois, coa entrega de premios.
Esta programación en detalle atópase na web oficial do FICBUEU 2020 no enderezo: www.ficbueu.com/programacion