Malú chegou, cantou e os fans rendéronse ante a súa voz en Pontevedra

Pontevedra
17 de agosto 2013

Centos de fans de Malú vibraron ante o escenario situado na Praza de españa, algúns xa estaban alí dez horas antes á espera dun concerto que entusiasmou os seguidores da cantante madrileña

Centos de fans de Malú vibraron ante o escenario situado na Praza de España, algúns xa estaban alí dez horas antes á espera dunha cita que entusiasmou os seguidores da cantante madrileña no que, ata o dagora, ten sido o concerto máis multitudinario das festas da Peregrina.

E o concerto congregou miles de persoas na praza a partir das 22:30 horas. Malú ofreceu un amplo recital no que non faltaron os seus grandes éxitos de versións de temas como Devuélveme a vida, Contigo aprendí ou Aprendiz que corearon os seus seguidores. O repertorio centrouse, sobre todo, nos éxitos do seu último traballo discográfico: Malú, Dual, un recompilatorio no que interpreta algúns temas clásicos con outras coñecidas voces do panorama musical español como Pablo Alborán, David Bisbal ou Melendi.

Coa súa característica voz, Malú conseguiu que o público de todas as idades gozase dun concerto desta cantante que chegou ao gran público grazas á súa participación como xuíza no programa de televisión La Voz.

Esta noite de sábado, a Praza de España contará con outro concerto moi agardado, sobre todo, polo público adolescente. Trátase do grupo Auryn. Comezará ás 22:30 horas e a entrada é libre.

Arquivado en