Máis de 11.000 persoas visitan o Salón do Libro Infantil e Xuvenil durante a súa primeira semana

Pontevedra
08 de marzo 2015

Máis actividades que nunca e máis visitas que a pasada edición. Este XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra está batendo marcas. Segundo desvelou a organización, durante a súa primeira semana pasaron por esta imprescindible cita cultural un total de 11.178 persoas

Actividades na XVI edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
Actividades na XVI edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra /

Máis actividades que nunca e máis visitas que a pasada edición. Este XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra está batendo marcas. Segundo desvelou a organización, durante a súa primeira semana pasaron por esta imprescindible cita cultural un total de 11.178 persoas. ÿ unha cifra superior mesmo á do 2014, cando foran 11.000 as que se achegaran ata as instalacións do Pazo da Cultura.

Este balance inclúe asistentes tanto aos obradoiros concertados polas mañás para centros escolares coma as visitas que teñen lugar polas tardes para o público en xeral.

Esta diferenza de asistentes, sinala a organización do evento cultural, é aínda maior en termos relativos se se ten en conta que este ano se ofrece só unha quenda de obradoiros concertados ás mañás, fronte ás dúas que se celebraban en anteriores edicións.

Tendo en conta os datos compilados no punto informativo, o perfil do visitante ao Salón do Libro polas tardes, cando está aberto ao público en xeral, é unha familia de mediana idade con fillos de entre 4 e 10 anos. As fins de semana acoden ambos proxenitores cos nenos, mentres que entre semana hai unha lixeira maioría de nais respecto a pais. Pero ademais, están a pasar persoas de avanzada idade que simplemente teñen interese na lectura e que veñen sen nenos.

A procedencia do público é maioritariamente local, pero tamén se detectaron visitantes doutros concellos da provincia como Marín, Poio, Cambados, O Grove, Vilaboa, Redondela e Vigo, entre outros. A eles hai que sumar o doutras provincias como A Coruña (Santiago de Compostela, Rois, Carral ou A Pobra do Caramiñal) ou Ourense (O Carballiño).

Entre os espectáculos máis exitosos entre o público ata o momento destacaron ⿿A maxia da química⿿, de entrada libre; o teatro para bebés ⿿Catro tempos⿿, con entradas a 3 euros; o concerto ⿿Peter Pan⿿, coa Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, ou ⿿A pel da auga⿿, de Pep Bou, ambos tamén de pago a 3 euros a localidade.

Como cada ano, os obradoiros, nos que os nenos aprenden xogando, teñen un gran tirón entre o público infantil. Segundo a organización, os talleres de inscrición previa esgotan cada día as prazas dispoñibles. Os que máis gustaron ata o momento entre os nenos son o ⿿Obradoiro de Robótica⿿, ⿿Somos casi Cyborgs⿿ e o de ⿿Arenoglifos⿿ do CSIC. Cada tarde teñen lugar, ademais, contacontos en cada recuncho do Salón do Libro. Estes, de cabida limitada, tamén contan cunha gran acollida entre os máis pequenos e esgotan as súas prazas.

O SALÿN SEGUE ABERTO ATA O 28 DE MARZO

A cita coa lectura comezou o pasado 27 de febreiro e estenderase ata o 28 de marzo, unha semana máis do que nos ten acostumados este salón. Ademais, esta fin de semana produciuse outra das novidades deste ano. Por vez primeira, o Recinto Feiral súmase á súa oferta de actividades e exposicións. E o resultado non puido ser máis positivo. Centos de persoas achegáronse este sábado a gozar coa súa programación.

O programa completo para os próximos días pódese visitar en www.salondolibro.org.