A banda madrileña Mago de Oz foi a encargada de inauguarar os concertos principais das Festas da Peregrina, no escenario instalado na Praza de España.
Mago de Oz fixo vibrar a uns seguidores que empequeneceron a praza abarrotándoa para escoitar os temas máis representativos do grupo ao longo da súa discografía, ademais dos máis recentes do seu último album Hechizos, pócimas y brujerías. Moitos deles estaban xa varias horas antes a pé de escenario en busca dun boa situación para gozar do concerto.
Os asistentes puideron ademais escoitar o repertorio do grupo pontevedrés ¡Qué desilusión!, que tivo a honra estrear a montaxe da Praza de España como entrantes dos madrileños.
CONCERTOS DIARIOS ATA O DOMINGO 18
Polo escenario principal das Festas da Peregrina pasarán durante toda a semana grupos e artistas dos máis variados estilos musicais, empezando este domingo 11 coa actuación de La Guardia e La Frontera.
O cartel da Semana Grande complétano a festa 40 World Dance Music Mix o luns, o espectáculo infantil dos Brincabolechas o martes, Son de Seu e Fiadeiro o mércores 14, Berrogüeto o xoves 15, Malú o venres 16, o grupo Auryn o sábado 17 e Paloma San Basilio o domingo 18, pechando unha semana de intensa programación festiva.