Luis Berroy mostra a súa obra no espazo artístico A Telleira

O Salnés
07 de xullo 2016

O artista barcelonés, asentado na Illa de Arousa, presenta o vindeiro sábado 9 de xullo o seu novo traballo pictórico denominado 'Aleatoria' en Dena (Meaño)

Taller de A Telleira
Taller de A Telleira / A Telleira

O artista barcelonés Luís Berroy, asentado na Illa de Arousa, presenta os seus últimos traballos pictóricos este sábado 9 de xullo o taller artístico A Telleira, en Dena (Meaño). Baixo o título 'Aleatoria', o artista ofrece 15 pinturas nunha mostra que sera inaugurada a partir das 20.00 horas, acompañada por unha visita guiada do propio autor, que comentará co público asistente cada un dos seus cadros.

Trátase de pinturas de diferentes pulsións e ritmos, que forman un conxunto de imaxes, cunha secuencia ordenada de manchas e figuras de gran colorido que evitan deliberadamente o artificio.

As pinturas reflicten o momento vital do artista, que expresa sentimentos relacionados coa paternidade a morte de seres queridos ou a tensión do proceso de creación artístico. Todas estas obras foron producidas en Telleira, un taller situado no lugar de Seixiños, en Dena. Este espazo atópase xestionado polo escultor Manuel Rial.

A exposición poderá visitarse todos os sábados pola tarde do mes de xullo. Aquelas persoas interesadas poderán participar nunha visita comentada co autor previa solicitude a través do correo electrónico: contact@luisberroy.eu