Lucía Pérez, pioneira galega en Eurovisión, actuará en Portas

Umia
20 de maio 2024

O concerto da cantante luguesa será o vindeiro domingo 26 de maio ás 19.30 horas na Azucreira de Portas con entrada libre

Lucía Pérez en concerto
Lucía Pérez en concerto / Lucía Pérez

O Auditorio da Azucreira de Portas acollerá o vindeiro domingo 26 de maio a partir das 19.30 horas o concerto da cantante luguesa Lucía Pérez.

Esta artista convertíase en 2011. coa canción 'Que me quiten o bailao'. na primeira cantante galega que representaba a España no Festival de Eurovisión.

O concerto está promovido polo programa +Música da Deputación de Pontevedra.

A entrada será libre ata completar a capacidade da sala.

Lucía Pérez foi presentadora no programa de televisión 'Heicho Cantar, Queridiña' e, a finais de 2023, lanzaba o seu single 'La Salida', un traballo que ofrece unha evolución artística cunha madurez musical que sorprendeu aos seus seguidores.