Loquillo, unha lenda do rock nacional como cabeza de cartel do Río Verbena Fest

Pontevedra
04 de abril 2025

Coincidindo con este anuncio, o Río Verbena Fest desvelou o reparto por días dos concertos confirmados ata a data. Haberá aínda varias confirmacións máis para completar o seu cartel

Concerto de Loquillo nas Festas da Peregrina
Concerto de Loquillo nas Festas da Peregrina / Diego Torrado

A cuarta edición do Río Verbena Fest, que se celebrará os días 22 e 23 de agosto en Pontevedra, fichou a Loquillo, toda unha lenda do rock nacional como cabeza de cartel.

Cunha traxectoria de 47 anos sobre os escenarios, o artista madrileño é unha icona da música en español. O seu legado inclúe himnos inesquecibles como Cadillac solitarioFeo, fuerte y formal ou El ritmo del garaje, cancións que marcaron a varias xeracións.

Todas elas formarán parte do repertorio da súa xira Corazones Legendarios: Grandes Clásicos en Vivo, unha xira que arrancará neste festival e que, co mesmo nome do seu próximo álbum, ofrecerá un percorrido imprescindible pola súa traxectoria.

Coincidindo con este anuncio, a organización do Río Verbena Fest desvelou ademais o reparto por días de todos os concertos confirmados ata a data.

Así, xunto ao propio Loquillo, o venres 22 de agosto actuarán Coque Malla, Andrés Suárez, Pignoise, Efecto Pasillo e as bandas locais Guateque Big Band e Terapia de Grupo.

O sábado 23, pola súa banda, subiranse ao escenario Álvaro de Luna, Nil Moliner, Carlos Sadness, YSY A, Malmö 040, Carla Lourdes, Mamasunción e DJ Sergio El Indio.

O festival resérvase aínda varias confirmacións máis para completar o seu cartel.

Río Verbena Fest ofrecerá un ano máis unha programación diversa na que convivirán novamente rock, pop, indie, rap e fusión, creando un espazo onde os grandes clásicos compartirán escenario coas propostas máis actuais.

Os abonos están dispoñibles en rioverbena.com .