O festival Costa Feira de Sanxenxo segue confirmando nomes no seu cartel, e nesta ocasión crece con todo un bombazo, cunha das xiras nacionais que máis expectación levantou este verán.
Trátase de Lola Índigo, que actuará no Parque Empresarial de Nantes o sábado 5 de agosto.
A artista presentará en Sanxenxo o seu terceiro traballo discográfico, 'El Dragón', un espectáculo que contará co acompañamento do seu espectacular equipo de baile e en que non faltarán temas como a colaboración asinada con Quevedo, 'El Tonto', co que se promocionou o lanzamento do disco.
As entradas para o concerto póñense á venda este mesmo martes con billetes a partir de 32 euros.