O festival Ameixa Rock xa ten gañador do "V Concurso para Bandas Emerxentes", trátase da banda pontevedresa 'Liberad al Kraken' que compartirán escenario con Miguel Costas e Ruxe-Ruxe, dous grandes do panorama musical galego e nacional.
Este grupo creado en 2018 por músicos de Pontevedra, e que teñen publicado un álbum de estudio, un EP e numerosos singles, foron evolucionando cara ó estilo actual, a música que fan é unha mistura de Punk e Metal, con toques de Folk e Electrónica. A temática céntrase en temas políticos e sociais, tamén nas consecuencias personáis dos mesmos. Letras orientadas á protesta, con elementos de retranca.
O Ameixa Rock 2022 celebrarase os días 2 e 3 de setembro en Carril. O venres celebrarase o Carnaval Rock na Praia da Cobacha coa Duendeneta. O sábado 3 haberá visitas guiadas a Illa de Cortegada, sesión vermú, animación para nenos e os concertos a partires das 22:30.
Ademáis do 29 de agosto ao 5 de setembro haberá unha exposición no Gato Negro por mor dos dez anos que cumpre o Ameixa Rock, "10 Anos de Rock".