Leilía dará un concerto en Ponte Caldelas para poñer en valor a área arqueolóxica de Tourón

Ponte Caldelas
27 de xullo 2015

A cita celebrarase o 27 de agosto no xacemento arqueolóxico de Tourón, un dos complexos de arte rupestre ao aire libre máis singulares de Galicia

Presentación do ciclo Monumental
Presentación do ciclo Monumental / Xunta de Galicia

O ciclo Monumenta, difusión do patrimonio restaurado, da Consellería de Cultura, celebra en 2015 a súa terceira edición cun completo programa de actividades e concertos que inclúe un concerto de Leilía en Ponte Caldelas.

A programación foi presentada este luns polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, quen destacou como obxectivo principal da iniciativa o achegamento da cidadanía ao patrimonio histórico galego a través de diversas perspectivas, cun programa de actividades no que conflúen faladoiros e rutas con expertos en diferentes áreas.

A cita celebrarase o 27 de agosto no xacemento arqueolóxico de Tourón, un dos complexos de arte rupestre ao aire libre máis singulares de Galicia.

Ademais da visita ao centro de interpretación e o faladoiro de achegamento a este elemento patrimonial, o programa contempla unha visita guiada aos petróglifos.

Neste caso a actuación musical correrá a cargo do grupo Leilía.

Arquivado en