A segunda Residencia Artística convocada polo Salón do Libro do Concello de Pontevedra, da man da asocación do Galpón Lab, seleccionou a Laura Tova e Noemí Llantada entre as máis de30 candidaturas recibididas.
Estas artistas gozarán dunha estancia no taller da asociación do 24 ao 30 de abril, onde desenvolverán un proxecto artístico conxunto utilizando mobiliario urbano como soporte. Ademais, tamén se levarán a cabo obradoiros os días 29 e 30 de abril para que poidan participar os máis pequenos, con reserva previa en info@galponlab.com.
Laura Tova é unha contadora de historias e a súa ferramenta preferida é a ilustración. Nos seus traballos hai unha posta en valor das cousas comúns, a natureza e a alegría.
Noemí Llantada é unha ilustradora que usa o papel, a madeira ou as paredes para expresar a súa obra creando obxectos únicos. As súas ilustracións falan desde o humor das loitas cotiás contra a frustración.
Dende a organización do Salón do Libro apuntan que a elevada participación na iniciativa "non fai máis que confirmar a boa saúde da arte e a cultura na cidade de Pontevedra".
PROMOCIÓN RODALIBROS
A continuación móstranse as datas e os lugares nos que estarán ubicados o Rodalibros e Orbil do Salón do Libroentre as 17:00 e as 18:30 horas no mes de abril:
Luns 17: Praza da Ferrería
Martes 18: Praza de España
Mércores 19: Campolongo, diante da igrexa
Xoves 20: Alameda, Parque das Palmeiras