La Dani presentará a gala dos Feroz 2025 en Pontevedra: "Esta gente está loca perdida"

Pontevedra
28 de setembro 2024

La Dani cumpriu o seu desexo. Hai catro meses, cando se confirmou que Pontevedra acollería a gala dos Premios Feroz, escribía en X (a antiga Twitter): "Por favor, invitadme que nunca he estado en Galicia". E dito e feito. O artista malagueño presentará a gala dos Feroz 2025

La Dani, María Guerra e Miguel Anxo Fernández Lores
La Dani, María Guerra e Miguel Anxo Fernández Lores /

La Dani cumpriu o seu desexo. Hai catro meses, cando se confirmou que Pontevedra acollería a gala dos Premios Feroz, escribía en X (a antiga Twitter): "Por favor, invitadme que nunca he estado en Galicia". E dito e feito. O artista malagueño presentará a gala dos Feroz 2025.

"Esta gente de los Feroz está loca perdida. Agradezco que estén así de chaladas", sinalou durante a súa presentación como mestre de cerimonias, nun acto celebrado no marco do Festival Internacional de Cinema de San Sebastián.

Non será o seu primeiro ano nos Feroz. En 2024 gañou o premio ao mellor actor de reparto en 2024 polo seu traballo na película Te estoy amando locamente, protagonizando ademais un dos momentos máis emotivos e aplaudidos daquela gala, reivindicando á comunidade LGBTI+.

Entón expresou que o seu premio era "un reconocimiento a todas las mariquitas, a todas las lesbianas, a la pluma, a las transexuales y a las raras".. Agora, un ano despois, regresa para poñerse á fronte destes premios. "Es una locura. Quién me lo iba a decir", destacou.

"No tengo aún mucha idea de lo que haremos. Aunque lo sé desde hace un tiempo lo he estado evadiendo un poco porque aún no termino de creérmelo", afirmou La Dani, que sospeita que, tras este anuncio,  "empezarán los nervios y los preparativos".

Será a súa primeira vez en Galicia. "Nunca he estado y me apetece mucho", explicou. "Yo quería que me invitaran a la gala, pero se han pasado tres pueblos", chanceou ante os xornalistas, convencido de que Pontevedra "no me va a decepcionar".

Está seguro de que "se van a cumplir las expectativas y lo voy a disfrutar un montón", porque apuntou que os galegos "son súper majos y gente chulísima".

Para un artista tan polifacético como La Dani, que xa debutou como presentador no último Festival de Cinema de Málaga xunto a Marta Etura e Omar Banana, imponlle asumir este reto en solitario. "Siento que es la primera vez que voy a hacer algo parecido", sentenciou.