José Malvárez Carleos vai contar nos vindeiros días unha nova historia gráfica. Nesta ocasión, o argumento desenvólvese nun hórreo galego onde uns pequenos personaxes contan unha emotiva trama. Esta nova entrega leva por título 'O hórreo' e está escrita en lingua galega.
O autor ofrécenos outra das súas reflexivas narracións gráficas, que podedes ir lendo a diario en PontevedraViva.
Formado na escola pontevedresa de Kiko da Silva, O Garaxe Hermético, José Malvárez non deixa de crear historias. O seu amplo traballo artístico pode comprobarse a través de www.piuley.es.
Este debuxante e guionista colabora a diario en PontevedraViva. Ata o momento leva publicados os seguintes títulos neste xornal dixital: 'Reverso', 'La Posada de las Historias', 'Narrador', 'Pura ficción' e 'Viaxe en tren'