O Concello de Caldas de Reis acollerá o vindeiro 24 e 25 de marzo diversas presentacións, coloquios, proxeccións e concertos para por en valor entre a súa veciñanza a figura de José Gil (Rubiós-As Neves, 1870-1937), precursor do cinema galego, músico e compositor.
A iniciativa, comezará o venres 24 no Cinemóbil e no Auditorio Municipal, onde os escolares dos centros educativos terán a oportunidade de gozar de diversas proxeccións. As actividades do sábado 25, abertas para o público en xeral, destacarán pola participación da Banda de Música Municipal, que dará un concerto especial e monográfico das pezas escritas por José Gil.
A finalidade do proxecto, parte da importancia de reivindicar o legado de Gil, onde se atopan trazos do pictorialismo, do reporteirismo fotográfico, do cinema industrial, educativo e de emigración e outros moitos que se poderán distinguir esta fin de semana na vila termal de Caldas de Reis.