Jazz no Principal remata coa actuación de Raynald Colom

Pontevedra
13 de marzo 2016

Esta actuación saldou unha débeda do Jazz no Principal con Raynald Colom que estivera no cartel do primeiro Pontejazz (agora Jazz no Principal) en 2004 e tivo que supender a súa actuación debido a que coincidiu cos atentados de Atocha

Jazz en el Principal con Raynald Colom
Jazz en el Principal con Raynald Colom / Diego Torrado

Jazz no Principal 2016 rematou esta fin de semana coa actuación do músico catalán Raynald Colom.

Esta actuación saldou unha débeda do Jazz no Principal con Raynald Colom que estivera no cartel do primeiro Pontejazz (agora Jazz no Principal) en 2004 e tivo que supender a súa actuación debido a que coincidiu cos atentados de Atocha.

A concelleira de Cultura, Anxos Riveiro destacou o compromiso do Concello de Pontevedra co jazz "que está moi enraizado e ten anos de traballo máis aló das actuacións de verán" referíndose ao traballo de formación encomiable que está a realizar o Seminario Permanente de Jazz (SPJ), organizador do Jazz no Principal.

Tamén lembrou que a música está a ser a protagonista na programación cultural deste primeiro semestre do ano.