A maioría de idade da Sala Karma chegará coas súas portas aínda pechadas, pero iso non impedirá que se celebre en Pontevedra ao grande. Será este sábado 16 de marzo.
"Moitos concertos, moitas noites e unha pandemia polo medio son a historia dos 18 anos de Karma", subliñan os seus responsables, que festexarán este aniversario no Campiño de Santa María, a partir das doce do mediodía.
A festa está organizada en colaboración cos establecementos de hostalería da zona, O Panderetas e La Hormiga. Incluirá unha 'pulpeira' e unha degustación de arroces.
A vertente musical correrá a cargo de dous concertos, o de Javier Lago (13:00 horas) e o da banda Los Tónikash (17:00 horas).
O fin de festa será, a partir das sete da tarde, cun divertido bingo para todas as idades no que se incluirán como premios entradas para concertos.