Itineranta enche de artes escénicas as prazas da cidade

Pontevedra
10 de agosto 2016

O festival de espectáculos de rúa itinerantes iniciouse este martes e manterá a súa programación ata o xoves nunha sétima edición que conta coa participación de 11 compañías e grupos con propostas para todos os públicos

Sétima edición de Itineranta
Sétima edición de Itineranta / Diego Torrado

O festival de espectáculos de rúa itinerantes, Itineranta, enche xa de música, teatro, danza ou circo as rúas e prazas da cidade na que é a súa sétima edición.

As 11 compañías e grupos presentes na sétima edición do festivaliniciaron a actividade este martes con tres espectáculos polas rutas habilitadas pola organización.

Os veciños e visitantes que paseaban polo centro histórico puideron gozar de Big Dancers (El Carromato), Satsuma 3.0 (Scura Splats) e The Wolves (La Fam).

Este mércores ás 20:30 na Ruta C (Praza de España, Peregrina e Curros Enríquez), será a quenda de Les Nomades (Actua Produccions); ás 21:00 na Ruta B (Teucro, Cinco Rúas, Méndez Núñez e Curros Enríquez) tocaralle a La Danza del León (Esc A.M. Miguel Juzgado); e ás 21:30 e as 22:15 na Ruta A (Méndez Núñez, Praza da Leña e Peregrina) representarase La danza de la calle (Brincadeira) e Fire Dragón (Pablo Méndez Performance).

Itineranta pecharase o xoves 11 de agosto con outros catro espectáculos na rúa.

Arquivado en