Itineranta despide a súa sétima edición con éxito de participación nas rúas

Pontevedra
12 de agosto 2016

As prazas e rúas do centro histórico acolleron este xoves as últimas representacións do festival de espectáculos de rúa itinerantes, no que participaron 11 grupos e compañías de todo o territorio nacional

Última xornada do sétimo festival Itineranta
Última xornada do sétimo festival Itineranta / Diego Torrado

As rúas e prazas do centro histórico despediron este xoves a sétima edición do festival Itineranta, con catro novos espectáculos que fixeron as delicias dos presentes.

O festival de espectáculos de rúa itinerantes contou cunha alta participación de público en cada unha das xornadas.

Ata 11 compañías e grupos de todo o territorio nacional participaron en Itineranta.

As propostas Todo Zancos (Bangaluru Cercavila), Olodumdo Coio, Draco (Troula) e Su Á Feu (Deabru Beltzak) baixaron o pano dun festival xa consolidado e que promete volver con forza o próximo ano.

Arquivado en