A compañía catalá Cía Lana Tal presentaba este 28 de febreiro a montaxe 'Italino Grand Hotel', unha divertida proposta teatral para o público familiar en que sobre o escenario recréase unha lavandería dun hotel.
Neste espazo aparece un personaxe solitario que se dedica a lavar e a coidar a roupa ordeándoa. O clown fala coas máquinas e xoga coa súa sombra ata o día en que namora.
A súa conexión co mundo exterior realízase a través dos altoparlantes das máquinas, por onde dúas voces o salvan da indiferencia e fan que intúa o mundo e a vida que, se cadra, nalgún momento chegue a ver.
Esta trama recomendada para menores a partir de catro anos de idade englóbase dentro da programación do ciclo Domingos do Principal, que continuará o vindeiro domingo en dobre sesión.
A obra que se programa para o domingo 7 de marzo será 'Jojo' de Borja Yutquepintas, un traballo relacionado cunha organización que se dedica ao rescate de animais que se atopan en catividade. As entradas poden adquirirse de maneira anticipada por catro euros en Ataquilla. A obra está recomendada para público infantil maior de sete anos. Os pases serán como é habitual, ás 12.00 horas e ás 18.30 horas no Teatro Principal.
A apertura das portas vai realizarse media hora antes do inicio do espectáculo para evitar aglomeracións na entrada.