'Intu-Indo', de Xosé Luís Román, recala no Palacete das Mendoza

Pontevedra
27 de novembro 2024

A mostra con creacións que combinan intuición e azar permanecerá aberta ata o 15 de decembro con entrada libre

Papavento de Xosé Luis Román
Papavento de Xosé Luis Román / Xosé Luis Román

O Palacete das Mendoza en Pontevedra será o escenario da exposición pictórica 'Intu-Indo', unha mostra do pintor Xosé Luís Román que poderá visitarse desde o venres 29 de novembro ata o 15 de decembro.

A colección, que estará dispoñible na sala de exposicións da sede de Turismo Rías Baixas, convida a reflexionar sobre cara a onde quere ir a humanidade a través dunha combinación de intuición e azar sobre o lenzo.

'Intu-Indo' percorre dous camiños que conflúen nunha mensaxe común a tráves de creacións sorprendentes.

Por unha banda, a cor reflicte unha cotiandade en declive, mentres que, por outra, unha visión menos amable dunha natureza presentida invita a pensar nun futuro sostible e harmónico.

Segundo o propio autor, as obras xorden de manchas e salpicaduras de cor distribuídas polo azar, dando forma a imaxes que mesturan improvisación controlada e reflexión.

A exposición poderá visitarse de luns a venres en horario de 8:00 a 20:00 horas, os sábados e festivos de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas, e os domingos de 10:00 a 14:00 horas.

A entrada é libre e ofrece unha oportunidade para achegarse á visión artística e reflexiva de Xosé Luís Román.

Night in the forest, de Xosé Luis Román
Night in the forest, de Xosé Luis RománXosé Luis Román