O actor Pedro Casablanc abriu a programación de espectáculos da segunda edición do Festival de Teatro Festivalle, que se desenvolve en Vilanova de Arousa ata o sábado 16 de xullo.
Interpretaba no Auditorio 'Don Ramón María del Valle- Inclán a través de Ramón Gómez de la Serna' con éxito de público. Ademais, o actor realizou unha visita á Casa Natal de Valle Inclán, acompañado por Javier Tourís, tenente de alcalde, e por José Luis Méndez Romeu, director do Festivalle.
Pedro Casablanc recibiu o Premio Godot de teatro e a función ofrecida en Vilanova de Arousa é a única prevista en Galicia desta montaxe.
As funcións continúan este martes 11 coa representación do esperpento 'Los Cuernos de Don Friolera', a cargo da compañía Morfeo Teatro. Será a partir das 21.30 horas no Auditorio Valle Inclán. As entradas atópanse á venda a un prezo de dez euros.