Inauguran unha exposición que recolle as flores e plantas presentes na obra de Rosalía de Castro

Pontevedra
17 de abril 2024

A mostra pode visitarse ata o 26 de abril na Escola de Enxeñaría Forestal do Campus de Pontevedra

Inauguración da exposición 'O herbario de Rosalía'
Inauguración da exposición 'O herbario de Rosalía' / Universidade de Vigo

A Escola de Enxeñaría Forestal do Campus de Pontevedra inaugurou este martes unha exposición que une natureza e literatura a través da obra de Rosalía de Castro.

Trátase dunha mostra, titulada 'O herbario de Rosalía', que conta cun total de 40 fotografías que recollen as especies vexetais máis presentes na obra da escritora.

É resultado do traballo interdisciplinar realizado pola filóloga María López Sández, a botánica María Isabel Fraga e o fotógrafo Miguel Fraga, e poderá visitarse no campus pontevedrés ata o próximo 26 de abril.

Estreada en 2022 non Real Xardín Botánico de Madrid, 'O herbario de Rosalía' percorre nestas semanas os tres campus da Universidade de Vigo. Chega de feito a Pontevedra tras pasar por Ourense, e trasladarase ao edificio Redeiras, en Vigo, onde poderá visitarse entre o 30 de abril e o 10 de maio.

Complementada por unha serie de paneis explicativos e dun vídeo co recitado de versos de Rosalía xunto ás imaxes do herbario na súa totalidade, a mostra estrutúrase en cinco secciones. Unha delas está dedicada ás rosas, a especie máis presente na obra da poeta, mentres que outra está centrada nas árbores, que representan sete das 15 especies máis citadas. Outros apartados están dedicados ás herbas do campo e ás 'herbiñas do camposanto', completándose á exposición co apartado dedicado a outras flores, plantas e especies comestibles.