A Fundación Manuel Moldes é xa unha realidade, tras abrir as súas portas este xoves na que será a súa sede, no edificio da Xunta de Galicia na rúa Benito Corbal de Pontevedra.
O presidente autonómico, Alfonso Rueda, presidiu acompañado de representantes de Deputación e Concello a inauguración da sede, que ocupará a oitava planta do edificio por un periodo mínimo de 20 anos, segundo foi acordado coa Consellería de Cultura.
Trátase dun novo faro cultural na Boa Vila que, destacou Rueda, terá un papel máis que vai máis aló de manter viva a obra e memoria de Moldes.
O novo espazo da Fundación Manuel Moldes estreouse coa exposición 'Misterio + luz = Pintura <-> Vida', unha mostra de carácter antolóxico ao redor da obra do pintor pontevedrés.
Poderá visitarse ata o 30 de marzo de 2024.