Impulsan unha nova sala no Museo Manuel Torres que estará dedicada á arqueoloxía

Marín
21 de febreiro 2023

Entre finais de marzo e principios de abril. É a data prevista para a apertura ao público da nova sala que se vai a habilitar no Museo Manuel Torres. Estará dedicada á arqueoloxía e terá como propósito divulgar a historia dos antepasados dos marinenses. A base desta nova sala serán as máis de cincocentas pezas coas que conta no seu inventario o museo

As concelleiras Beatriz Rodríguez e Itziar Álvarez co arqueólogo Juan Castro
As concelleiras Beatriz Rodríguez e Itziar Álvarez co arqueólogo Juan Castro / Concello de Marín

Entre finais de marzo e principios de abril. É a data prevista para a apertura ao público da nova sala que se vai a habilitar no Museo Manuel Torres. Estará dedicada á arqueoloxía e terá como propósito divulgar a historia dos antepasados dos marinenses.

A base desta nova sala serán as máis de cincocentas pezas coas que conta no seu inventario o museo, segundo explicaron as concelleiras Beatriz Rodríguez e Itziar Álvarez. 

Ambas reuníronse co arqueólogo Juan Castro, quen se encargou no seu día de realizar o inventario de pezas que ten o museo para definir como será esta sala expositiva. Para a súa apertura, o Concello acadou unha subvención duns 12.000 euros da Consellería de Cultura.

El será, a partir de agora, o encargado de coordinar as exposicións que se programen nesta nova sala, que busca ser un espazo "no que dar a coñecer toda a riqueza arqueolóxica que temos no noso concello", aseguran as edís.

Ese medio milleiro de pezas que se atesouran no Museo Torres poderán ir véndose pouco a pouco, con información de cada unha delas para que o público coñeza o seu contexto histórico e o uso que se lle daba naquel entón a eses restos.

De feito, polo tipo de pezas que hai no inventario, "é posible crear exposicións que vaian explicando distintas etapas históricas", segundo detallou Castro.

A gran maioría destes restos foron atopados dentro do termo municipal por veciños ou no transcurso de obras públicas. Tamén hai procedentes das distintas escavacións que se levaron a cabo no Castro da Subidá.