'Immaculate Fools', colofón británico para o ciclo Sons Diversos

Pontevedra
21 de maio 2016

Cinco concertos en menos de tres meses cun mesmo denominador común: ofrecer boa música. Ese é o resumo da iniciativa cultural que chegou ao seu fin este venres no Pazo da Cultura de Pontevedra. A banda británica, unha das referencias do pop dos anos 80 e 90, debutou en Pontevedra co seu disco Turn The Whole World Down 

Concerto de 'Immaculate Fools' no ciclo Sons Diversos no Pazo da Cultura
Concerto de 'Immaculate Fools' no ciclo Sons Diversos no Pazo da Cultura / Diego Torrado

Cinco concertos en menos de tres meses cun mesmo denominador común: ofrecer boa música. Ese é o resumo da iniciativa cultural que chegou ao seu fin este venres no Pazo daCultura de Pontevedra, o ciclo Sons Diversos organizado polo Concello de Pontevedra desde o pasado mes de febreiro. Como colofón, a actuación de Immaculate Fools.

A banda británica, unha das referencias do pop dos anos 80 e 90, volveu aos escenarios para mediados da década pasada e debutou en Pontevedra co seu disco Turn The Whole World Down, un álbum visceral e emocional, no que versionaron as súas cancións clásicas, pero cun novo son ante un público que non encheu o auditorio do Pazo da Cultura, pero si se entregou a fondo

O ciclo Sons Diversos reuniu no Pazo da Cultura e o Teatro Principal cinco bandas e artistas de diferentes xéneros procedentes de todo o mundo, con propostas tan diferentes como o artista cántabro Ángel Stanich, o cantante xuvenil Calum, os estadounidenses Nada Surf ou a artista galega Guadi Galego.