Homenaxe teatral a María Victoria Moreno para os alumnos de Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
02 de maio 2018

Os alumnos de sexto de Educación Primaria do colexio Cordo Boullosa e de primeiro da ESO do instituto de Ponte Caldelas asistiron á adaptación da obra "Leonardo e os fontaneiros" de María Victoria Moreno, homenaxeada este ano polo Día das Letras Galegas.

Representación de "Leonardo e os fontaneiros" de María Victoria Moreno, no colexio Cordo Boullosa de Ponte Caldelas
Representación de "Leonardo e os fontaneiros" de María Victoria Moreno, no colexio Cordo Boullosa de Ponte Caldelas / Concello de Ponte Caldelas

A obra "Leonardo e os fontaneiros", adaptada pola compañía de teatro Ubú, representouse para os alumnos de sexto de Primaria e de primeiro da ESO do colexio Cordo Boullosa e o instituto de Ponte Caldelas.

Manuel Barreiro, director do centro, e Andrés Díaz, alcalde, fixeron a presentación.

A obra, que narra as vivencias de Tono e o seu can Leonardo, xa entrou en formato literario dentro do seu currículo de lecturas obrigatorias.

Agora tiveron a oportunidade de vela no seu colexio, adaptada para o escenario en homenaxe a María Victoria Moreno, á quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.