Gustaríache formar parte da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra?

Pontevedra
14 de xullo 2017

Cúmprese xa unha década da creación da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, e no seu afán por seguir achegando a cultura musical a todos, en conmemoración do seu X aniversario quere crear este ano as súas orquestras novas

Concerto 'Xermolos da tradición xermánica' no ciclo Son de Orquestra da Filharmónica
Concerto 'Xermolos da tradición xermánica' no ciclo Son de Orquestra da Filharmónica / Diego Torrado

Cúmprese xa unha década da creación da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, e no seu afán por seguir achegando a cultura musical a todos, en conmemoración do seu X aniversario quere crear este ano as súas orquestras novas.

Serán a Nova Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra e a Orquestra Filharmónica Infantil Cidade de Pontevedra.

Para iso publicou nas súas redes sociais as bases nas que convidan a todos os nenos, tanto de Galicia como de Portugal, de entre 6 e 18 anos que toquen calquera instrumento de corda frotada (violín, viola, violoncelo e contrabaixo) a presentarse ás probas de acceso que se celebrarán o primeiro fin de semana do mes de setembro.

O prazo de inscrición termina o 31 de xullo.