'Guerra', de Youcanthide, chega a Vilanova coa súa candidatura aos premios Martín Códax

O Salnés
08 de maio 2024

A banda viguesa presenta o seu segundo traballo de estudo, escrito durante a pandemia. O álbum é finalista nos Premios Martín Códax na sección Heavy e Metal. Este venres 10 de maio actuarán na sala A Cofradía, Taberna Cultural en Vilanova de Arousa a partir de las 23.00 horas

Youcanthide
Youcanthide / Youcanthide

O 24 de abril, Youcanthide recibía a noticia de que o seu álbum 'Guerra' é finalista dos Premios Martín Códax que se entregarán en Pontevedra, dentro da sección Heavy e Metal.

Este venres 10 presentarán o álbum en directo en A Cofradía, Taberna Cultural, situada na Praza do Parque, en Vilanova de Arousa, a partir das 23.00 horas.

O prezo da entrada en venda anticipada é de sete euros e de dez euros no despacho de billetes.

Youcanthide é unha banda viguesa que participou en festivais como o Resurrection Fest ou o Monkey Week.

O seu traballo 'Guerra' foi composto durante a pandemia e ofrece temas máis elaborados no que se recollen frustracións e o seu enfrontamento a unha realidade coa que non comulgan.

A banda móstrase partidaria de recuperar a música física, a través de vinilos, de casetes e de accións cos seus fans.