O concerto de Guadi Galego estreou este mércores ciclo 'Con voz de muller', que traerá a Pontevedra grandes voces femininas.
Guadi Galego recoñeceu estar "moi contenta" de volver estar na Boa Vila, "unha cidade que sempre me apoia con moita ilusión" e onde fixo un dos seus espectáculos "máis potentes, porque o público das festas de Pontevedra é espectacular".
A artista de Cedeira, que xa estivo en Pontevedra o pasado mes de abril co seu espectáculo Síntese Horizonte, abriu esta nova edición de Con voz de muller.
Este xoves 1 de agosto, subirase ao escenario o grupo The Vacas co espectáculo Rebovina Divas Live, no que fan unha homenaxe ás divas do pop como Whitney Houston, Celine Dion ou Beyoncé.
O venres 2 chega unha das principais novidades esta edición, onde a música deixará paso ao humor cos monólogos de Ledicia Sola, Carmen Méndez e Marta Doviro.
Sheila Patricia retomará os concertos o sábado 3 e Malvela poñerá o peche a ciclo ao día seguinte, o domingo 4.
Todos os concertos serán na Praza da Ferrería e comezarán ás 22:30 horas.
Cada unha das actuacións do ciclo Con voz de muller irá acompañada dun pasarrúas que percorrerá os principais espazos públicos de Pontevedra desde as 20:30 horas. Estarán protagonizados por Troula (mércores 31), a charanga Brassica Rapa (xoves 1), o grupo Celme (venres 2), o grupo de percusión Somdolilá (sábado 3) e a charanga Bicoia (domingo 4).