Guadi Galego convence ao público pontevedrés

Pontevedra
08 de maio 2016

A cantante presentou no Teatro Principal o seu segundo disco, Lúas de outubro e agosto, na cuarta cita do ciclo de música Sons Diversos

Concerto de Guadi Galego no Teatro Principal
Concerto de Guadi Galego no Teatro Principal / Diego Torrado

O ciclo de música Sons Diversos tivo este sábado a súa cuarta cita co concerto de Guadi Galego, voz inconfundible de Berrogüeto durante anos, no Teatro Principal de Pontevedra.

A cantante presentou ao público pontevedrés o seu segundo traballo en solitario, Lúas de outubro e agosto, e non defraudou.

O disco presenta cancións moi íntimas nunha versión pop da súa música, sen esquecer as raíces galegas.

A artista actuou en Pontevedra acompañada dos seus músicos habituais: Guillerme Fernández á guitarra, o baixo de Paco Charlín e Isaac Palacín na batería. Ademais contou coa colaboración nos coros de cinco mulleres e tamén coa cantante Lola de Ribeira.