'Matria', a película que saía a exhibición con sesenta copias converténdose na máis importante estrea comercial da historia cinematográfica en lingua galega, proxectábase este mércores en Pontevedra nun pase especial con entrada gratuíta no Teatro Principal.
O público acudía masivamente a esta proxección á que tamén asistiron o director Álvaro Gago; as actrices María Vázquez e Susana Sampedro; ademais do produtor do film, o pontevedrés Dani Froiz.
A ópera prima de Gago estrenárase a finais de marzo nas salas comerciais colleitando unha notable avaliación por parte de público e crítica. Na actualidade continúa amosándose en salas de Galicia, en Madrid e Barcelona.
Parte da rodaxe realizouse en diversas localizacións de Pontevedra e Arousa con escenas onde se amosa a dura vida de Ramona, a protagonista, unha muller de corenta anos, interpretada por María Vázquez.
Despois da proxección, o público tivo oportunidad de asistir a un coloquio co director e a actriz principal moderado por Suso Novas, director do festival pontevedrés Novos Cinemas.