Goya tamén é cousa de nenos

Pontevedra
15 de maio 2017

Coa representación de Os reis caóticos e Goya, a Aula Municipal Infantil de Teatro de Pontevedra puxo o broche de ouro a un dos seis obradoiros de expresión dramática e musical que coordina a compañía Migallas Teatro

Representación de "Os reis caóticos e Goya", a cargo da Aula Municipal Infantil de Teatro
Representación de "Os reis caóticos e Goya", a cargo da Aula Municipal Infantil de Teatro / Alba Sotelo

Coa representación de Os reis caóticos e Goya, a Aula Municipal Infantil de Teatro de Pontevedra puxo o broche de ouro a un dos seis obradoiros de expresión dramática e musical que coordina a compañía Migallas Teatro.

Nel, participaron uns 170 rapaces con idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos.

Durante 22 sesións os nenos descubriron e fomentaron os seus recursos expresivos e desenvolveron as súas capacidades creativas mediante o xogo dramático.

Os reis caóticos e Goya, que se viu no Teatro Principal este domingo 14 de maio, é unha creación colectiva inspirada nos feitos históricos que aconteceron na época de Francisco de Goya. Un grupo de rapaces e rapazas xogou a recrear eses feitos mesturando realidade e ficción para achegarnos a un dos grandes artistas universais.

Con esta peza pretendíase amosar como se pode aprender e pasalo ben ao mesmo tempo mediante o xogo do teatro onde todos os participantes son protagonistas da obra.