Gara Quarteté unha formación musical nada en 2020 con catro músicos novos que exploran a través do cuarteto de corda a interpretación histórica de pezas de distintos compositores.
Este luns 6 de maio, a partir das 20.30 horas, subirán ao escenario do Teatro Principal de Pontevedra para ofrecer un concerto, que leva por título 'Madrid 1770'.
Nesta actuación musical interpretarán utilizando instrumentos de época obras de Haydn, Canles e Boccherini.
A Sociedad Filarmónica de Pontevedra organiza o evento coa presentación deste cuarteto de corda con sede en Colonia, con integrantes formados en prestixiosas universidades no estudo da interpretación histórica en Europa como a de Frankfurt, Colonia, Trossingen e A Haia.
A súa programación musical está a complementarse coa recuperación do patrimonio español que se atopa aínda escondido nas bibliotecas do Palacio Real.
Gravaron un dobre CD con música inédita de Gaetano Brunetti no ano 2022, ademais de actuar en destacados festivais como o de Saintes, en Francia; o Festival Internacional de Arte Sacra de Madrid ou a Kölner WDR Saal, de Alemaña.