Galifunk Brass abre con ritmo vibrante os concertos da semana de Festas

Pontevedra
13 de agosto 2022

Esta banda creada sobre as propostas das brass bands americanas ofreceron este sábado no escenario da praza da Ferrería as súas mellores versións dalgúns dos temas máis coñecidos da década dos setenta

Concerto de Galifunk Brass nas Festas da Peregrina
Concerto de Galifunk Brass nas Festas da Peregrina / Diego Torrado

Galifunk Brass foi a banda encargada de abrir os concertos da semana grande das Festas da Peregrina cun son cargado de ritmo con influencias da década dos setenta e do funky. 

A agrupación formada por trompetas, trombóns, saxos, percusión, batería e tuba emana un son vibrante, divertido, alegre e que permitiu que as persoas que se achegaron na noite deste sábado á praza da Ferrería puidesen bailar e moverse ao ritmo destes músicos pontevedreses, todos profesionais, que ofrecen unha perspectiva distinta a temas clásicos do música disco.

O domingo, nese mesmo escenario da Ferrería, vai celebrarse un recital de corais coa participación da Coral Alameda do Fogar do Maior, a Coral Bela Helenes, a Coral Helénica; a Polifónica de AC do Chopo; e a Airiños de Campañó. Comezará ás 21.00 horas e o acceso é libre.