'Fuxan os ventos' repasa os seus 50 anos de historia cunha exposición no Pazo da Cultura

Pontevedra
11 de setembro 2024

Trátase dunha iniciativa que pon en valor a unha das agrupacións máis emblemáticas da música galega a través dunha ampla variedade de formatos que conforman o seu arquivo persoal: fotografías, carteis, instrumentos, poemas, partituras e audios inéditos

Cartel da exposición itinerante 'Fuxan os ventos. 50 anos de historia'
Cartel da exposición itinerante 'Fuxan os ventos. 50 anos de historia' / Concello de Pontevedra

Pontevedra recibe á exposición itinerante 'Fuxan os ventos. 50 anos de historia' que poderá visitarse no Pazo da Cultura do 19 de setembro ao 13 de novembro.

A inauguración será o vindeiro mércores día 18 de setembro ás 19 horas.

Trátase dunha iniciativa que pon en valor a unha das agrupacións máis emblemáticas da música galega a través dunha ampla variedade de formatos que conforman o seu arquivo persoal: fotografías, carteis, instrumentos, poemas, partituras e audios inéditos.

En outubro de 2022 cumpríronse 50 anos do seu nacemento, daquela primeira actuación no III certame das San Lucas de Mondoñedo onde gañaron coa canción 'Fuxan os Ventos' e comenzaron toda unha vida de música e compromiso. 

O interese desta mostra radica en que é a propia memoria de Fuxan, dos seus integrantes e de todos os seus arquivos, os que dan conta deste longo percorrido. Ademais, o equipo de traballo da exposición realizou tamén un labor de conservación da memoria do grupo (mediante entrevistas aos membros actuais) para preguntarnos, dende a mirada do presente, por un proceso creativo que atravesa décadas e cambios diversos.

Como non podía ser doutra maneira, a sonoridade de Fuxan vertebra toda a mostra. Introdúcense diferentes puntos de audio ao longo do percorrido nos que poder escoitar gravacións inéditas que o grupo gardou ata o día de hoxe e que só se poden escoitar nesta ocasión: ensaios, maquetas enviadas a discográficas ou actuacións en directo. 

Creanse tamén dúas instalacións sonoras para que o espectador profundice en dous aspectos fundamentais en 'Fuxan os Ventos': por un lado o traballo de recollida da tradición oral e o proceso de transformación destas pezas e, por outro, o traballo coral de voces que caracteriza ao conxunto.