Furor por Ponteatro: esgotados 100 abonos en menos de 3 días

Pontevedra
06 de febreiro 2025

Dada a boa acollida habitual do ciclo, a organización lanzou na mañá do luns 70 abonos en lugar dos 50 que habilitara en anteriores edicións. Mercáronse en 48 horas e habilitáronse 30 máis

Representación da obra "Entrega en man", de Contraproducións, en Ponteatro
Representación da obra "Entrega en man", de Contraproducións, en Ponteatro /

Continúa o furor polo ciclo Ponteatro, que en menos de tres días desde o inicio da súa venda, esgotou 100 abonos para todas as representacións

Dada a boa acollida que o ciclo ten habitualmente, a organización lanzou na mañá deste luns 3 de febreiro 70 abonos en lugar dos 50 que habilitara en anteriores edicións.

En menos de 48 horas, esgotáranse os 70 e a organización anunciou en redes sociais que habería 30 máis.

Volveron ter moi boa acollida e este xoves xa só quedaban tres. 

As entradas soltas teñen un prezo xeral de 8 euros -4 para persoas estudantes, desempregadas e maiores de 65 anos- e as persoas que mercaron eses abonos poderán gozar dos 6 espectáculos programados por 26 euros + gastos.

As entradas soltas restantes están á venda en Ataquilla.com e, no caso de non esgotarse na venda anticipada, estarán tamén á venda 1 hora antes de cada pase na billeteira do espazo correspondente.

Son seis espectáculos que se van representar no Teatro Principal e o Pazo da Cultura, con Ron Lalá, Redrum, El espejo negro, Ibuprofeno Teatro, a compañía de danza Fran Sieira e a agrupación teatral do IES Illa de Ons de Bueu.

Son espectáculos previstos entre o 20 de febreiro e o 3 de abrilConsulta aquí a programación.