Fin de semana para o humor en Raxó con David Amor e Pablo Meixe

Poio
04 de xullo 2024

Os dous humoristas pasarán venres e sábado polo Porto de Raxó dentro do ciclo Ben Falado

Pablo Meixe co seu espectáculo 'Meixeverso'
Pablo Meixe co seu espectáculo 'Meixeverso' /

A comedia está asegurada esta fin de semana no Porto de Raxó de Poio onde está programado outro dos eventos do ciclo de monólogos Ben Falado. Un programa que pretende dar valor á tradición oral, ao idioma, á retranca galega e ao tempo fomentar actividades de lecer en familia e gratuítas.

Nesta ocasión o primeiro en subir ao escenario será David Amor que actuará este venres 5 a partir das 21.00 horas. O primeiro sairá coa peza 'O amor está no aire' un monólogo no que o artista levará ao público por moitos lugares e situacións sen moverse do seu asento.

O sábado 6 tomará a substitución do humor Pablo Meixe, un dos creadores de contido máis punteiros do momento que sacará os sorrisos ao público co espectáculo 'Meixeverso'.

O Concello de Poio, promotor do ciclo, contou coa colaboración da Xunta e tamén coa empresa local A Reccicladora para a instalación dun photocall no porto.