Desde este luns ata o sábado 16, o FICBUEU ofrece as curtametraxes que forman parte da 'Selección Oficial' no Auditorio do Centro Social do Mar. Estas películas foron escollidas entre 3.000 pezas internacionais.
Presentaranse 28 curtos de 21 países, que se proxectarán en dúas sesións, ás 19.30 e á 21.30 hora, cun coloquio cos cineastas.
Entre os traballos atópanse propostas que foron relevantes nos Oscar ou nos festivais de Berlín, Venecia ou Cannes.
Nesta xornada tamén está prevista a presentación da Residencia FICBUEU. Trátase dun programa formativo para levar a cabo curtametraxes, centrándose especialmente no traballo de guion. Nesta presentación daranse a coñecer por parte da organización os proxectos admitidos para esta primeira edición da Residencia.
Este taller acometerase na Illa de Ons, do 9 ao 15 de outubro, e contará con Isabel Peña, guionista premiada por traballos tan relevantes como 'Antidisturbios' ou 'As bestas', como titora.
Ademais poñerase en marcha a sección 'Cinema e Radio', co achegamento ao longo da semana de cinco do mellores podcast de radio especializados en cinema.O primeiro será 'Café Derby 21, realizado polos xornalistas Adrián Lede, Carme D. Prol e Nico Carreira.