Fernando Salgado escribe o libro "A luz de Caldas" para divulgar a historia da central de Segade

Umia
14 de decembro 2021

O Concello de Caldas de Reis acaba de editar o libro "A luz de Caldas", escrito polo xornalista Fernando Salgado, para dar a coñecer a historia da central hidroeléctrica de Segade. O libro presentarase na biblioteca municipal o próximo venres 17 de decembro ás 20 horas

Antiga central hidroeléctrica de Segade
Antiga central hidroeléctrica de Segade / Concello de Caldas de Reis

O Concello de Caldas de Reis acaba de editar o libro "A luz de Caldas", escrito polo xornalista Fernando Salgado, para dar a coñecer a historia da central hidroeléctrica de Segade. 

O libro presentarase na biblioteca municipal o próximo venres 17 de decembro ás 20 horas.   

Salgado relata toda a historia desta central hidroeléctrica desde a súa construción e posta en funcionamento no ano 1899, a súa evolución posterior ata o seu peche no ano 1952 e o proceso de adquisición polo Concello da finca da antiga central que culminou en xullo de 2017.

Ademais, o libro pon en valor outros elementos do patrimonio da contorna de Segade como a ponte romana ou os muíños da zona, e contextualiza a "fábrica da luz" na historia da vila

Na obra inclúense moitas fotografías, ilustracións e documentos da época, destacando a importancia que tivo no proceso de electrificación e industrialización de Galicia.