A compañía pontevedresa Migallas Teatro realizará unha función do espectáculo para público adulto 'Falemos como galegas' en Meaño. Será este domingo 22 de outubro ás 19.00 horas no Centro Social de Dena.
A función inclúese no programa Tornar ás táboas, que organiza a Deputación de Pontevedra en colaboración cos concellos da provincia.
A entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade do recinto.
Durante o espectáculo van formularse preguntas sobre por que a situación da lingua galega é a actual, cales son os falsos tópicos máis comúns sobre ela ou cal é o futuro do galego?
“Falemos como galegas” é un espectáculo de humor interactivo onde se abordan estas e outras moitas cuestións relativas á lingua galega a través de pequenas pezas cómicas e cancións de autor.
María Campos e Carlos Yus danlle vida a un feixe de personaxes entre os que se atopa a popular Señora. de Palmírez, coñecida polas súas intervencións no programa 'Luar' da Televisión de Galicia e gran representante do "castrapismo".