O Museo de Pontevedra inaugurou este venres a exposición 'Alberto Baraya. Vento'.
É a segunda mostra do ciclo 'Infiltracións', que convida a artistas contemporáneos a dialogar cos fondos do Museo.
Nesta ocasión, o colombiano Alberto Baraya realizou este verán unha acción artística na que pintou a vela dun bote polbeiro mentres navegaba pola ría.
Esa vela intervida polo artista exhíbese agora no Edificio Castelao, enfrontada a obras seleccionadas da colección de pintura e gravado e outros elementos relacionados co mar que conserva o Museo.
O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, inaugurou a exposición xunto á directora do Museo, Ángeles Tilve, o comisario Iñaki Martínez Antelo, e o artista, Alberto Baraya.
"Estas colaboracións son fantásticas e nos rexuvenecen, dannos outra mirada sobre o Museo", destacou Domínguez agradecendo ao artista o seu traballo.
Ángeles Tilve subliñou que o proxecto 'Infiltracións' ofrece novas visións que contribúen a que "todo tipo de público se sinta integrado no Museo".
Alberto Baraya, pintor, fotógrafo e viaxeiro contemporáneo, céntrase neste proxecto nas numerosas pinturas de paisaxes mariñas, maquetas de embarcacións, instrumentos de navegación e outros elementos relacionados co mar que habitan a colección do Museo e evidencian o fondo arraigamento da nosa tradición mariñeira.
A exposición sitúase na primeira planta do Edificio Castelao e poderá visitarse ata o 2 de marzo do vindeiro ano 2025.

Inauguración da exposición 'Alberto Baraya. Vento'