Expoñer en Pontevedra, ⿿un soño cumprido⿝ para Celso Varela

Pontevedra
08 de febreiro 2013

Ata o próximo 17 de marzo pode visitarse no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra Briallos Paradiso, unha exposición coa que o pintor ofrece a súa visión do seu lugar natal a través de paisaxes, retratos e naturezas mortas.

Ata o próximo 17 de marzo pode visitarse no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra Briallos Paradiso, unha exposición coa que o pintor pontevdedrés Celso Varela retrata o seu lugar de orixe, pero coa que, ademais, cumpre un soño "Era un soño que se me cumpriu. O primeiro soño era sair nun almanaque e saín e ou outro expoñer non museo da miña cidade", relatou o propio artista este venres tras o acto oficial de inauguración da mostra.

Composta por medio cento de obras de grande formato, Briallos Paradiso recolle traballos dos últimos cinco anos de actividade de Varela. Nelas, este pintor autodidáctica ofrece a súa visión do seu lugar natal a través de paisaxes, retratos e naturezas mortas.

Cunha técnica temperamental e impulsiva e un cromatismo intenso, Varela acada unha obra plenamente actual partindo dos métodos e elementos tradicionais da pintura. El defínea como ⿿moi luminosa⿝ e explica que se trata dunha "pintura feita co sentimento, co corazón, coas tripas".

"Eu cando pinto casi non penso, penso despois. Eu fago da paisaxe un icono", sinalou este venres no Sexto Edificio do Museo Provincial, onde aproveitou para anunciar que este ano "deixei de expoñer en París para expoñer aquí", pero que "volverei alí e aoutras cidades de Europa que non vou dicir, pero tan míticas como París".

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, acudiu á inauguración e aproveito para calificar tanto ao artista como ao Museo de Pontevedra como "referentes da cultura de nós". Neste sentido salientou o museo como "unha das institucións culturais máis sobranceiras, non só da cidade senón do conxunto de Galicia", tanto pola súa traxectoria como "polo volume, calidade e xestión das súas coleccións e fondos; un patrimonio que hoxe resulta básico para comprender o que é a nosa terra na súa dimensión social, intelectual e artística".

Respecto da mostra, o conselleiro comentou que se trata "dun paso máis no éxito e recoñecemento do intenso traballo de Varela, que se prolonga no tempo durante décadas de ensaio e afianzamento dunha obra plástica persoalísima, e hoxe xa fundamental para comprender a evolución da nosa arte contemporánea".

Nado en Briallos (Portas, 1952), Celso Varela Duro acumula unha longa traxectoria expositiva, tanto en mostras individuais coma colectivas. Desde a primeira exposición individual na pontevedresa sala Torrado, en 1976, ten celebrado unha vintena delas en Galicia e París. A súa obra formou ademais parte de 13 mostras colectivas en diferentes vilas galegas e en Madrid.