OBK puxo a bailar este sábado á Festa do Lacón de Cuntis.
A pesar das condicións meteorolóxicas, o evento musical foi todo un éxito, abarrotando a carpa da festa.
Foron, segundo o Concello de Cuntis, preto dun milleiro as persoas asistente ao concerto da icónica formación, un coñecido dúo de pop electrónico que agora lidera en solitario Jordi Sánchez.
OBK repasou moitos dos seus éxitos das últimas décadas ante un público entregado.

Temas como "Oculta realidad", "La princesa de mis sueños" ou "De qué me sirve llorar".
Antes, quentara motorores Igloo, banda de Caldas de Reis plenamente consolidada no indie-rock nacional.

A festa prolongouse até ben entrada a madrugada co tradicional GuatequeLacón.
Todo no medio dun gran ambiente servindo de previa para a gran xornada da Festa do Lacón con Grelos, prevista para este domingo 9 de marzo.