Europa e América volven encontrarse nun Portamérica que regresa con forzas renovadas

Pontevedra
14 de xullo 2016

Con só catro anos de vida, Portamérica converteuse nunha das citas ineludibles do verán en Galicia. Ata Porto do Molle (Nigrán) trasládanse esta fin de semana os Festivais Rías Baixas para que todos podamos gozar, os días 15 e 16 de xullo, da quinta edición deste festival, unha auténtica e insuperable combinación de música e gastronomía onde converxen os universos de Europa e América

Un dos concertos do festival Portamérica
Un dos concertos do festival Portamérica

Con só catro anos de vida, Portamérica converteuse nunha das citas ineludibles do verán en Galicia. Ata Porto do Molle (Nigrán) trasládanse esta fin de semana os Festivais Rías Baixas para que todos podamos gozar, os días 15 e 16 de xullo, da quinta edición deste festival, unha auténtica e insuperable combinación de música e gastronomía onde converxen os universos de Europa e América.

Portamérica regresa con forzas renovadas, pero fiel á súa filosofía de ofrecer unha completa experiencia de turismo alternativo nas Rías Baixas cun cartel de artistas iberoamericanos de primeiro nivel.

Bunbury, Molotov, Amaral, Love of Lesbian, The Undertones, FM Belfast, Izal, León Benavente, Nortec Collective presents: Bostich and Fussible, Talisco, Pony Bravo, Myles Sanko, Furious Monkey House, Sonido Gallo Negro, Leiden, Amaro Ferreiro, Retrovisor, Eme Dj e Elyella Djs presentarán as súas propostas musicais nos dous escenarios do festival, que levan o nome de dous dos seus patrocinadores: Estrella Galicia e Flooxer.

Os horarios do festival Portamérica son:

VENRES 15

  • 18.10 horas: Dallasgracias
  • 18.50 horas: Australia
  • 19.20 horas: Amaro Ferreiro
  • 20.10 horas: Sonido Gallo Negro
  • 21.10 horas: Pony Bravo
  • 22.20 horas: Izal
  • 23.40 horas: Amaral
  • 01.00 horas: FM Belfast
  • 02.00 horas: Molotov
  • 03.10 horas: Nortec Collective presents: Bostich and Fussible
  • 04.25 horas: Eme DJ

 

SÁBADO 16

  • 18.30 horas: Retrovisor
  • 19.25 horas: Myles Sanko
  • 20.15 horas: Leiden
  • 21.15 horas: Furious Monkey House
  • 22.00 horas: Bunbury
  • 23.20 horas: The Undertones
  • 00:20 horas: Love of Lesbian
  • 01.40 horas: Talisco
  • 02:25 horas: León Benavente
  • 03.40 horas: ElyElla DJs

 

SHOWROCKING CON 20 CHEFS

Unha das grandes apostas de Portamérica volverá ser a gastronomía. Ningún outro festival é capaz de ofrecer unha fusión perfecta entre ritmo e cociña: un showrocking a cargo de 18 chefs internacionais con oito Estrelas Michelin e con ampla representación galega que, comisionados por Pepe Solla, farán gozar aos asistentes con petiscos únicos creados especialmente para o festival. Ademais, resérvanse grandes sorpresas.

Os cociñeiros que participarán nesta zona gastronómica son Juanjo Pérez (Cocinandos, León), Roberto Ruiz e María Fernández (Punto Mx, Madrid), Javier Olleros, (Culler de Pau, O Grove), Yayo Daporta (Yayo Daporta, Cambados), Iván Domínguez, (Alborada, A Coruña), Diego Gallegos, (Sollo, Fuengirola), Julio Sotomayor e Daniel Guzmán (Nova, Ourense), Estanis Carenzo (Chifa, Madrid), Edgar Núñez (SUD777, México DF), Manuel Núñez (Arume, Barcelona), Javier Estévez (La Tasquería, Madrid), Lucía Freitas e Nacho Tierno (A Tafona, Santiago), Héctor López (España, Lugo), Álvaro Villasante (Paprika, Lugo), Diego López (La Molinera, Lalín), Iago Pazos (Abastos 2.0, Santiago) e Iago Castrillón (2 Estaciones, Valencia).

Portamérica completa a súa oferta cunha nova edición do Mercado de Talentos, un espazo pensado para que deseñadores e creadores poidan dar a coñecer os seus produtos nun ambiente dinámico e diferente. Un ano máis, haberá unha zona onde ver e comprar produtos singulares froito do talento dalgúns dos máis interesantes deseñadores e creadores galegos no ámbito do a moda, a estética ou a arte.

PortAmérica, un dos sete encontros agrupados baixo a marca Festivais Rías Baixas, ofrece tamén aos asistentes a posibilidade de acampar na zona habilitada, así como varias liñas de autobuses gratuítos para se desprazar a Porto do Molle desde Vigo, Pontevedra e o Val Miñor.