A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicaciónadáptase ás condicións ás que obriga a pandemia motivada pola COVID19, de forma que os alumnos que cursan o grao de Comunicación Audiovisual están a limitarse ao espazo de confinamento para realizar unha das súas prácticas, contando ademais coas súas propias ferramentas.
O profesor da materia 'Tecnoloxía dos medios audiovisuais', Paulino Pérez expuxo primeiramente aos seus alumnos realizar un pequeno vídeo dunha receita de cociña. Dado o bo funcionamento da iniciativa, a segunda proposta foi a gravación dunha pequena curta protagonizada por peluches e bonecos e que titularon 'Curtas en corentena'. Xa se realizaron trinta destas pezas que se subiron a Youtube e a redes sociais co hagstag #cortosnacasa.
A seguinte proposta consiste en "falar con eles mesmos e empregar unha técnica de clonación para que aparezan varias veces en pantalla", explica o profesor da entidade académica que valora ademais a implicación dos alumnos xa que a pesar de ser traballos voluntarios un 75% de estudantes matriculados na materia está a realizar estas curtas.